Bo día, Ratiñ@s lector@s!
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, un día que me enche de ilusión porque é unha festa para todos os que amamos os libros, as historias e a maxia das palabras. Pero, sabedes que é o mellor de todo? Ese día tamén faremos a entrega das mochilas viaxeiras!
As mochilas viaxeiras están cheas de libros escollidos con moito mimo. Cada mochila viaxará de casa en casa, para que poidades compartir coas vosas familias un tempiño de lectura xuntos. Dentro atoparedes contos divertidos, libros cheos de aventuras e algunha sorpresa máis...
Lembrade que cando unha mochila estea convosco, sodes os seus coidadores. Hai que tratala con moito mimo, para que poida seguir viaxando e facendo felices a máis nenos e nenas.
Ata pronto, meus ratiños lectores!
Con moito cariño,
A vosa amiga, a Ratiña Conchita 🐭!