Bo día, Ratiñ@s!
Acabamos de abrir as portas da biblio e sodes moit@s os que viñéchedes visitarme! Estou tan contenta que case nin podo mover o fociño de tanta ilusión!
Hoxe pásome por aquí para anunciarvos unha nova edición do concurso "Contos que meten medo"
Anímovos a que escribades unha historia arrepiantemente divertida, misteriosa, fantástica… ¡ou o que a vosa imaxinación vos pida! Iso si: canto máis medo me dea (pero medo do bo), mellor!
🗓️ Até o venres 25 de outubro podedes entregar o conto aos vosos profes para que poida lelos todos sen excepción e o 5 de novembro regresaremos para anunciar quen son os gañadores.
Animádevos todos a participar! Estou segurísima de que moitos de vós me ides deixar coa cola erizada de tanto misterio.
MANS AO LAPIS, RATIÑ@S!
A vosa amiga, a ratiña Conchita 🐭✨
