Ola ratiñ@s!
Que contenta estou! Na nosa biblioteca vivimos algo moi especial: O concurso de recitado de poesía de Rosalía e Manuel María do cole. Cantos nervios, canta emoción!
Todos o fixeron xenial pero despois de escoitar versos tan ben recitados, quedaron 13 finalistas!
Como premio polo seu esforzo todos os participantes recibiron un diploma e os finalistas unha cousiña feita con moito agarimo: unha bolsa de Rosalía de Castro, creada aquí no cole.
.jpeg)
