Amosando publicacións coa etiqueta Reparacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reparacións. Amosar todas as publicacións

14/09/26

ANDAMOS DE OBRAS

  


       


     Bos días ratiños e ratiñas:

        A nosa biblioteca está en obras!

   

        Estamos aproveitando estas semanas para facer algúns cambios e preparar este espazo para que sexa     un     lugar máis acolledor, organizado e accesible para todos e todas. 

    Entre as novidades, incorporamos novas estanterías que nos permitirán organizar mellor os libros e     facilitar o seu acceso. Seguiremos a Clasificación Decimal Universal para ordenar as coleccións, pero     queremos ir un pasiño máis alá: colocaremos carteis e sinais máis claros e sinxelos, pensados     especialmente para que o alumnado poida identificar facilmente onde atopar os libros que busca. 

        Porque queremos que os nenos e nenas poidan entrar na biblioteca, mirar as estanterías e pensar: 

    - Qué libro me apetece ler hoxe?

  • As nosas estanterías están a sufrir cambios.