29/05/26

CALMA E TRANQUILIDADE. APUNTASE AO IOGA?

 Bo día, Ratiñ@s ioguis! 

Hoxe veño a contarvos que levamos varios venres celebrando na biblio obradoioros de ioga. Seguro que pensades... Ioga? E que ten que ver iso co que se aprende nun cole? Pois a verdade é que esta disciplina ten moitísimos beneficios. Estade atentos: 

  1. Mellora a atención e a concentración.
  2. Reduce as tensións do día a día da escola. 
  3. Axuda a autorregular as emocións. 
  4. Desenvolve a psicomotricidade e favorece a unha boa postura corporal á vez que libera tensións. 
  5. Fomenta a empatía e a convivencia positiva. 
Tal e como nos pide a axenda 2030 temos que garantir no noso alumnado unha educación de calidade que vai moito máis ala de transmitir coñecementos. Estamos formando e contribuíndo ao futuro da sociedade. 

AProveitando que este ano estamos a falar de deportes a través do PDI, "A Ratiña Conchita fai deporte", non quixemos desperdiciar esta oportunidade. Que ben nos ven conectar co noso corpo e as nosas emocións, aprender a manexalas e xestionalas dende a calma. A verdade é que a min encantaronme estes ratiños de paz e tranquilidade. 

Hoxe foi o noso último venres e iso nos deixa o corazón un pouco triste, pero quedámonos con todo o bo que nos deixou este obradoiro. Grazas Alba por vir visitarnos e ensinarnos leccións tan valiosas que non se esquecen.