Amosando publicacións coa etiqueta PDI2025. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI2025. Amosar todas as publicacións

29/05/26

CALMA E TRANQUILIDADE. APUNTASE AO IOGA?

 Bo día, Ratiñ@s ioguis! 

Hoxe veño a contarvos que levamos varios venres celebrando na biblio obradoioros de ioga. Seguro que pensades... Ioga? E que ten que ver iso co que se aprende nun cole? Pois a verdade é que esta disciplina ten moitísimos beneficios. Estade atentos: 

  1. Mellora a atención e a concentración.
  2. Reduce as tensións do día a día da escola. 
  3. Axuda a autorregular as emocións. 
  4. Desenvolve a psicomotricidade e favorece a unha boa postura corporal á vez que libera tensións. 
  5. Fomenta a empatía e a convivencia positiva. 
Tal e como nos pide a axenda 2030 temos que garantir no noso alumnado unha educación de calidade que vai moito máis ala de transmitir coñecementos. Estamos formando e contribuíndo ao futuro da sociedade. 

AProveitando que este ano estamos a falar de deportes a través do PDI, "A Ratiña Conchita fai deporte", non quixemos desperdiciar esta oportunidade. Que ben nos ven conectar co noso corpo e as nosas emocións, aprender a manexalas e xestionalas dende a calma. A verdade é que a min encantaronme estes ratiños de paz e tranquilidade. 

Hoxe foi o noso último venres e iso nos deixa o corazón un pouco triste, pero quedámonos con todo o bo que nos deixou este obradoiro. Grazas Alba por vir visitarnos e ensinarnos leccións tan valiosas que non se esquecen.



11/12/25

A RATIÑA CONCHITA DA A BENVIDA AO NADAL

 Ola, Ratiñ@s

Xa chega o nadal! Onte estaba escribindo os meus propósitos para o aninovo e a parte de ler moitos libros novos propúxenme poñerme en forma! Pedínvos axuda e fúchedes moi rápido dándome recomendacións de que deportes e actividades prácticar e animáchedesme moito coas vosas tarxetas con personaxes de libros facendo exercicio. Con todas as vosas aportacións deseñei unha bonita árbore de nadal. Teño que confesar que precisei un pouquiño de axuda para colocar a estrela! 

ESTOU DECIDIDA! No segundo trimestre virei cargada con novas relacionadas con este tema. Tod@s a facer exercicio!