28/05/26

CLUB DE LECTURA: RATIÑ@S DE BIBLIOTECA. INSPIRÁNDONOS EN GIANNI RODARI

 


         Hola Ratiños e Ratiñas. Tras a nosa tradicional sesión de lectura de novos capítulos e cometario de             texto, chegou o momento de poñernos o traxe de escritores... pero cun xiro moi especial!                              Inspirámonos nas técnicas do gran Gianni Rodari para crear historias cooperativas a cegas. 

         Como funciona isto? Pois cada participante escribía un anaco da historia coñecendo só o que                        escribira o compañeiro ou compañeira anterior... pero sen ver nada máis do relato! Unha atuténtica             aventura chea de sorpresas, xiros inesperados e oita imaxinación compartida. Ao rematar esta                     creación conxunta, cada neno e nena levou unha das historias para a casa, co reto de rematala e                 ilustrala ao seu gusto. 

          Que ledicia ver canta creatividade cabe nestas cabeciñas lectoras!