28/05/26

Inicio do club de lectura

 


                Hola Ratiños e Ratiñas

                Veño moi emocionada para contarvos unha novidade marabillosa: por fin chegou o mes de                           novembro e... inauguramos o club de lectura! 

                O noso primeiro encontro foi una auténtica festa dos libros.Coñecemos xuntos o proxecto e                         falamos de todo o que nos agarda este curso. e o mellor de todo: cada un de vós recibiu o seu                     Pasaporte Lector! É un documento moi especial, como se fose un pasaporte de verdade, onde                     iredes gardando un selo cada ez que veñades a unha reunión do club e cada vez que fagades a                     actividade que vos propoña. 

                 Estou moi orgullosa de ver tantos ratiños con ganas de ler e descubrir novas historias. Isto non                    fixo máis que comezar...