Hola ratiños e ratiñas. Hoxe foi un día moi especial na nosa biblioteca, xa que vomezamos unha nova andaina inaugurando a actividade da biblioteca co Club de lectura do alumnado de 3º de Primaria.
Para esta primeira aventura literaria, os nenos e nenas de 3º, puideron coñecer e escoller entre diferentes propostas de lectura. Tiñamos tres grandes opcións:
Despois de ler a sinopse da contraportada e analizar a posible historia que nos ía contar o libro os nenos por fin escolleron: O ladrón de soños.



