23/02/21

Rosalía de Castro

Ola!

Nesta semana celébrase o día de Rosalía de Castro porque  naceu un 24 de febreiro fai xa moitísimos anos.

Gustaríame que soubésedes algo máis desta muller que foi tan importante para Galicia.

Como este ano non podedes  pasar pola biblioteca, deixeivos os seus libros no corredor.












E aquí vos deixo una recompilación de recursos   desta  muller  tan  importante  para  a  nosa  cultura.

Biografía
                                                         Mural do alumnado de 4ºA EI








Contribuíndo a unha biblioteca inclusiva



Non deixes de cantar os seus poemas




Recorade que na etiqueta Rosalía de Castro tendes máis recursos de anos anteriores

22/02/21

Novedades

Non deixedes de ler!!!








 

29/01/21

Día da PAZ

Hoxe expoñemos o traballo que estivemos facendo para celebrar o

 DÍA DA PAZ.

Este ano non podemos facelo todos xuntos pero si que traballamos nas aulas lendo libros, cantando cancións, vendo vídeos…

E para rematar o traballo fixemos murais nos distintos ciclos.




      







                             
                                                                    


11/01/21

  Hoxe luns 11 de xaneiro o equipo de biblioteca preparou as mochilas viaxeiras para comezar a súa andadura neste curso tan diferente.

A nosa proposta é que os nenos/as as leven o luns e a devolvan o venres da seguinte semana, quedando en corentena a fin de semana. 





Novedades

 A volta do Nadal atopámonos con estes libros que nos agasallou a RATIÑA CONCHITA

                                      

03/12/20

Día da discapacidade


A Comunidade Educativa do noso  Centro conta con persoas con diferentes discapacidades, tanto físicas como intelectuais, persoas  con necesidades especiais pero iguais aos ollos do resto do persoal. “SON UNHA MÁIS”.

Este día por ser tan especial foi  preparado con moita dedicación, sensibilidade e  cariño por parte de tod@s.



Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo:

-Visionamento de vídeos:

·         El cazo de Lorenzo

·         El color de las flores

·         El sueño de Pedro

-Charlas de persoas afectadas cunha discapacidade

·         Félix,( persoa con discapacidade visual) falounos da súa situación e percepción do mundo.


       


·   Lucía Díaz ( neta de persoas xordomudas), comentounos como se relaciona e comunica cos seus avós..

     
- Elaboración de mensaxes positivas usando diferentes  linguaxes.

·         Mensaxes con pictogramas.




·         Mensaxes en Braille






















·  Mensaxes de xestos





 

                                              


O 3 de decembro pasará pero o resto do ano, NO NOSO CENTRO,

TOD@S SEGUIREMOS SENDO CAPACES.

 

“NON TEÑO UNHA DISCAPACIDADE,

TEÑO UNHA HABILIDADE DIFERENTE” (Robert M. Hensel)

25/11/20

25 de novembro

 Hoxe nas aulas celebramos a NON VIOLENCIA de distintas formas e na biblioteca a RATIÑA CONCHITA deixounos libros novos para que nos informemos, porque a información é a mellor ferramenta para loitar contra a violencia.