O
mércores 22 celebramos o día das LETRAS GALEGAS en colaboración co EDNL.
Este ano nomeamos outra aula do centro co
nome de Ángeles Alvariño, científica galega moi relacionada co mundo do mar. É
por este motivo que a maioría dos poemas e cancións están relacionados co mar
aínda que non esquecemos falar do autor homenaxeado neste ano: Antonio Fraguas.