Biblioteca do CEIP Concepción Arenal. Fogar da Ratiña Conchita. Aberta todos os días para os ratiños e ratiñas do cole!
17/06/20
11/05/20
Letras Galegas 2020
Aínda que este ano
o Día das Letras Galegas 2020 o
celebraremos o 31 de outubro, publicamos en colaboración co EDNL algunhas actividades didácticas para non
esquecer esta data, 17 de maio, tan importante para a nosa lingua.
Aquí vos deixamos un vídeo para coñecer mellor a figura do homenaxeado
deste ano, Ricardo Carballo Calero
E como todos os
anos podedes facer as actividades que nos propón:
23/04/20
Día 23 de abril.DÍA DO LIBRO
Ola de novo!
Xa vexo que listedes
a miña mensaxe e gustoume moito que algúns me enviarades xa as vosas
recomendacións.
Vounas compartir
con todos vós polo que podedes pinchar no enlace que vos deixo.
Animádevos os que
aínda non o fixechedes.
Un bico moi grande
para todos.
Recomendacións de LEO
22/04/20
Día do Libro
Xa souben porque
desaparecestes da miña casiña.
Non sabedes canto
vos boto de menos!
Ben, pois como
mañá é o Día do Libro propóñovos unhas
actividades que podedes facer dende a casa.
· Gustaríame que me enviarades unha foto cun conto do que listedes nestes días ou un pequeno vídeo lendo un conto para
compartir cos vosos compañeiros.
· Poderiades contarme cousas destes días nos que quedaches na casa pero déixovos o modelo para facelo.
· Poderiades contarme cousas destes días nos que quedaches na casa pero déixovos o modelo para facelo.
Para que eu poda
recibilos debedes envialos ao meu correo:
conchitarenal16@gmail.com ou compartilos no drive.
10/03/20
CONCEPCION ARENAL
A Ratiña Conchita
contounos que este ano 2020 celebrase o bicentenario de Concepción Arenal e propúxonos que investigaramos sobre esta
muller.

Pois xa estamos a
facelo e ademais tivemos a sorte que a Biblioteca
da Universidade da Coruña nos cedeu unha chea de libros para facer una exposición
e poder consultalos. O 2 de marzo preparamos
a exposición na biblioteca e comezamos a investigar.


Aquí tendes algún traballos que xa fixemos.


06/03/20
Visita ao Forum
22/02/20
Entroido 2020
A Ratiña Conchita
estaba moi cansa da súa viaxe polo mundo e decidiu vir a casa uns días para
descansar.
Na volta, atopouse
en Ourense cuns homes vestidos moi raros e decidiu investigar quen eran
eses homes.






Para rematar tivemos un desfile no patio onde todos/as participamos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































