14/01/19

A Ratiña Conchita viaxa en globo arredor do mundo

Hoxe presentamos ao alumnado o proxecto que imos levar a cabo dende a biblioteca:


                                      A Ratiña Conchita viaxa en globo arredor do mundo.

Ao chegares as aulas tiñamos esta carta:


Ola nenos e nenas ! 

Estou aquí de novo para rompervos un pouquiño a cabeza. 

Este ano farei unha viaxe en globo arredor do mundo.

Sairei da Coruña e “cruzarei o charco” ata Canadá, como fixo a profe Ana. Sabedes en que continente está? E sabedes que outros continentes podo coñecer na miña viaxe? 

Gustaríame moito que me acompañarades pois visitarei New York, subirei ao Machupichu, a Torre Eiffel e visitarei o museo do Prado entre outros moitos sitios.
E saberedes que poderei comer na miña viaxe? 
Espero que investiguedes moito e me recomendedes cidades, museos, montes…para  que eu poida visitar.
Xuntos aprenderemos moito!!!

Animo!!!


Unha aperta







Para  levar a cabo este proxecto, seleccionamos e mercamos libros que están no expositor de proxectos na biblioteca.



 


E tamén decoramos a entrada do cole:



Xa vos irei contando.