Ola, Ratiñ@s!
Quería dicirvos que estou moi feliz coa vosa participación no concurso de "Contos que meten medo". A vosa imaxinación non ten límites. Que historias tan arrepíantes!
E agora tócame a min e ao equipo da biblioteca facer algo moi, moi difícil: escoller aos gañadores. E créedeme, está sendo complicadísimo.Tod@s fixéstelo xenial! Cada conto ten algo especial! Por iso, quero que saibades que:
- O importante non é gañar, senón atreverse a escribir.
- Cada conto é unha pequena parte de vós que agora forma parte da nosa biblioteca.
Así que, mentres seguimos lendo, debatendo e relendo, só podo dicirvos: GRAZAS por participar, por crear, por imaxinar e por facer desta biblioteca un lugar cheo de maxia.
En nada, nada, nada… anunciaremos o resultado.
Ata entón, que o misterio vos acompañe!
A Ratiña Conchita
