Hola Ratiños e Ratiñas!
Sabíades que os profes tamén teñen o seu porpio club de lectura? Pois sí! Unha vez ao mes, reúnense en A Tobeira de Oza, unha librería de libros usados e libro antigo situada no barrio dos Castros, na Coruña.
no mes de novembro, o libro elixido foi "As tolas que non o eran" de V.Valiña. Os nosos profes reuníronse para comentar, debater e compartir as súas impresións sobre esta lectura, demostrando qe iso de aprender e gozar dos libros non ten idade nin remata na aula!

