Ola, Ratiños!
Xa estamos en decembro, mes do NADAL! Estou moi emocionada! Púxenme como loca xa a escribir a miña carta pero non sei moi ben que pedir. Podédesme axudar? Só tedes que coller unha tarxetiña, escribir nela o título dun libro que vos encante, que teñades ganas de ler ou que soñedes atopar nos estantes… e metela no buzón máxico que deixei na entrada. Os títulos máis repetidos incluirenos na miña carta a ver se teño sorte e tráenme algún este nadal. Credes que fun boa?
Espero con ansia as vosas aportacións!
