02/12/25

CLUB DE LECTURA: EL CUERPO DE CRISTO

 

        Hola Ratiños e Ratiñas

        Xa sabedes que unha vez ao mes os profes tamén se reúnen para falar de libros en A Tobeira de Oza, esa libraría tan acolledora do barrio dos Castros.

    No mes de novembro, o libro escollido foi moi especial: "El cuerpo de Cristo" de Bea Lema, una autora galega recoñecida co Premio Nacional do Cómic 2024. Trátase dunha novela gráfica na que a ilustración se combina cun recurso moi orixinal: bordados feitos a man pola propia autora, creando un estilo único inspirado nas arpilleiras e na cerámica tradicional.

   É unha historia fonda e emotiva sobre o vínculo entre nai e filla, contada con moita sensibilidade. Os profes tiveron moito de que falar: dende o seu impresionante deseño visual ata a forma tan orixinal de contar unha historia real a través do debuxo e a agulla!

    Que sorte ter profes tan lectores, capaces de descubrir xoias como esta!

    A vosa Ratiña Conchita.