Ola, Ratiñ@s!
Hoxe é o día da paz. Para conmemoralo fixemos un fermoso tendal da paz no que colgamos prendas con bonitas mensaxes en prol dun mundo mellor. Ademais, todos e todas baixamos ao patio a cantar un fermoso poema de Gloria Fuertes "Solo son tres letras" ao son da música do Xotís Romanés do Cuarteto Caramuxo acompañada dunha percusión feita con paus. A verdade e que foi un momento realmente emocionante!