30/01/26

COÑECENDO A BIBLIO DO BARRIO

Ola, Ratiñ@s

Hoxe os nenos e nenas de cuarto tiveron a oportunidade de ir a coñecer a biblio do barrio, a #BibliotecaMunicipalDoFórum. Pasarono xenial vendo todo o que se pode facer  alí. Fixeron unha chea de obradoiros literarios e desfrutaron dun agradable rato de letura. Ademais, volveron para o cole cargados cunha morea de libros de préstamo para poder desfrutar. Moitas grazas por invitarnos!