19/04/17

En abril,libros mil.

Esta semana celébrase o día do libro, e no noso centro imos ter MOITOS CONTOS.
Hoxe comezamos con "O calcetín amarelo".
Foron alumnos/as de 5º quenes foron á biblioteca a contarlles o conto aos nenos/as de 6º de educación infantil e debeulles  gustar moito porque estiveron moi atentos e caladiños.













Se os pequenos estiveron moi calados, os maiores o fixeron :¡¡¡moi ben !!!
O mellor é porque cando eles eran pequenos tamén escoitaron este conto. Podedes escoitalo narrado por unha compañeira deles.