01/06/26

PATIOS INCLUSIVOS NA BIBLIO: KAPLA

 Ola, Ratiñ@s

Os mércores durante os recreos temos día de Kapla.  Os nenos e nenas do cole de todos os cursos viñeron a facer as súas propias creacións con estes bloques de madeira que ofrecen tantas posibilidades. Déixo por aquí un vídeo con algunas fotos do que fixeron. Premede na imaxe  para velas. 

 

19/05/26

RECITAL DE POESÍA ANIMAL

 Ola, Ratiños e Ratiñas! 

Sabedes que fai pouco celebramos o día do libro e deixei en cada clase unha caixa baleira para que fixeran a recomendación dun libro. Os nenos e nenas de segundo recomendaron un fermoso libro de poesía sobre distintos animais: "Animales en verso" Gustoulles tanto que ata fixeron un pequeno recital que agora vos comparto. Só tendes que premer nas imaxes dos distintos animais para escoitar un poema. A desfrutar! 

17/05/26

CONCHITA NAS ONDAS: Programa 1

 Ola, Ratiñ@s

Os nenos e nenas de segundo aventuránrose a gravar o seu propio programa de radio con motivo do día das letras galegas. O programa titúlase "Conchita nas ondas" e a verdade e que non me pode gustar o nome! Moitas grazas por pensar en min, faime moitísima ilusión. Por aquí deixo o primeior programa de moitos. Espero que vos guste! Premede na imaxe para escoitalo! 

08/05/26

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

 Bo día, Ratiñ@s

Na biblio nos estamos preprando para un dos días máis guais do ano. O Día Das Letras Galegas que se celebra cada 17 de maio. Nesta ocasión dedicámoslle esta conmemoración a Begoña Caamaño. Como non podía ser menos na biblio tendes dispoñible no estante de conmemoracións uns cantos libros para coñecer mellor a esta autora. Hai para todos os públicos! Ide mirar! 


04/05/26

RECOMENDACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO

 Bo día, Ratiñ@s

Xa temos todas as caixas na entrada. Fixestes un gran traballo!  O reto do día do libro está completamente superado! Noraboa! 

Agora toca intercambiar as lecturas e desfrutar coñecendo novas historias que seguro vos farán viaxar moi lonxe! 



30/04/26

HOXE RECIBIMOS A... REYES PÉREZ

Bo día, Ratiñ@s

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa biblio a Reyes  Pérez, autora do libro "Tía Papucha". Pasamolo xenial con ela! 

Os nenos e nenas de terceiro tiveron a sorte de ler esta obra na clase. Gustoulles moitísimo. Para agradecerlle a súa visita preparáronlle unha morea de debuxos cos que decoramos a biblio. Encantáronlle! 

Moitas grazas Reyes pola túa visita, estamos sempre encantados de recibirte. Podes volver cando queiras. 

Se queredes coñecer un pouco máis desta autora e da Tía Papucha podédes seguila en instagram.  Tia Papucha en INSTAGRAM


  


23/04/26

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Bos días, Ratiños e Ratiñas!

Hoxe xa sabedes que é o día do libro! Para conmemoralo os alumnos de 6º decoraron unha fermosa porta. Que ben lles quedou! Tamén fixemos uns fermosos brazaletes onde reflexionar sobre o que nos fai sentir a letura.  Houbo frases realmente inspiradoras... 

Por último, pero non menos importante. Deixei en cada clase unha caixa sen nada dentro para que cada grupo puidera escoller un libro recomendar ao resto do cole. O obxectivo é con esa caixa facer unha obra de arte inspirada no libro escollido para logo poder intercambialas polas clases e coñecer diferentes obras e estilos. Estou desexando ver as vosas creacións! 

 


15/04/26

HOXE RECIBIMOS A... IRIA MISA

Bo día, Ratiñ@s!
Hoxe recibimos a visita de Iria Misa, autora de "Unha veciña de película". Os nenos e nenas de sexto puideron intercambiar impresións coa autora sobre a obra. Pasárono xenial no coloquio e levaronse unha moi boa impresión e un exemplar firmado! Que ilusión lles fixo. Moitas grazas por vir visitarnos! 



13/04/26

HOXE RECIBIMOS A... MARÍA CANOSA!

Bo día, Ratiñ@s! 

Hoxe recibimos na nosa biblio a María Canosa, autora de "A cazadora de Estrelas". Os nenos e nenas de cuarto tiveron o pracer de ler esta obra na clase para logo intercambiar impresión e charlar coa súa autora. Foi toda unha experiencia! O pasamos xenial lendo a historia de Megumi e aprendemos moitas cousas. 

Grazas María por vir visitarnos! Sempre terás as portas da nosa biblio abertas!


10/04/26

HORTO URBANO NO COLE

Bo día, Ratiñ@s!

Na axenda 2030 dáselle moita importancia ao desenvolvemento sostible e á promoción duns hábitos de vida saudable, para contribuir a eles ocorreuseme montar un horto urbano para familiarizar aos nenos e nenas cos cultivos ecolóxicos e con diferentes froitas e verduras para incentivalos a probar cousas novas. 

Así que, puxémonos mans a obra e este ano no cole temos un pequeno horto urbano. Si, si, como estades a ler! Entre todos estamos cultivando coliflores, leitugas, tomates, pementos, ravos, flores... Mirade que fermosura! A min encántame ver como van crecendo as nosas plantiñas, pero sobre todo, o que máis me gusta é ese momento de recollelas e papalas!

Hei de recoñecer que ao principio non sabía moi ben o que tiña que facer, así que busquei na biblio algún libro que puidese axudarme. Déixovos aquí unhas recomendacións por se vós tamén queredes saber máis sobre como coidar unha horta!