25/10/17
24/10/17
XA FAI UN ANO!!!
Pois que cheguei a
vosa biblioteca para quedarme con todos vós e levarvos polo marabilloso mundo
dos libros.
Creo que o estamos
facendo moi ben pois cada día son máis os nen@s que vindes visitarme e iso é marabilloso
Hoxe recibín un
agasallo : unha morea de cartos(PLAMBE) para poder mercar moitos libros e
algunhas outras cousas que vos irei mercando pouco a pouco.
Seguídeme
visitando e estade moi atentos …
Dia das bibliotecas escolares
Hoxe, 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares e na nosa biblioteca tivemos unha sorpresa.
A RATIÑA CONCHITA recibiu un agasallo.
Era un paquete que viña do PAIS DOS LIBROS e como non podía ser doutro xeito nunha biblioteca, era unha caixa chea de libros.
No recreo abrímola caixa con moita ilusión e despois os deixamos no expositor das novidades para que non só os lea a RATIÑA CONCHITA .
Ela para celebrar este día déixanos este agasallo virtual:
A RATIÑA CONCHITA recibiu un agasallo.
No recreo abrímola caixa con moita ilusión e despois os deixamos no expositor das novidades para que non só os lea a RATIÑA CONCHITA .
Ela para celebrar este día déixanos este agasallo virtual:
23/10/17
Contos que meten medo!
Na semana do 30 de outubro ao 3 de
novembro celebraremos o SAMAÍN no colexio.
Este
curso teremos o I Concurso de CONTOS QUE METEN MEDO ! no
que colabora o EDL.
Poderá
participar todo o alumnado de forma individual e os mais pequenos de
forma colectiva, por aula.
A
data para entregar os vosos traballos, os contos, é o 30 de
outubro.
Para
que vos ambientedes, o equipo de biblioteca decorou a biblioteca e fixo unha
selección de libros(contos, poemas...)
19/10/17
Un agasallo
Hoxe chegáronme unhas
fotos que me deixaron abraiada!
Na MOCHILA VIAXEIRA que FELIX levou para
compartir coa súa familia viña unha ratiña que se parece moito a min.
A fixo a súa mamá
para que me faga compañía na biblioteca, así que me puxen moi, moi leda.
18/10/17
OLA! Como me gusta contarvos estas novas!
Esta semana foron premiados Antonio García Teijeiro e o grupo LES LUTHIERS.
Ao primeiro lle concederon o PREMIO NACIONAL DE LITERTURA INFANTIL E XUVENIL e aos segundos o PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN e HUMANIDADES.
Ambos son coñecidos por todos vós por habelos escoitado e lido en varias ocasións.
Aquí podedes escoitar un poema de ANTONIO musicado para celebrar no curso 2016-17 o día da poesía e cantado polo alumnado de 2º curso.
É unha ledicia habelo escollido a ÉL(ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO) e non esquezades que na biblioteca temos moitos dos seus libros de poemas.
Agora podedes recordar un dos traballos máis coñecido dos segundos agasallados e que eu sei que vos gusta moito.
10/10/17
02/10/17
Xa estou aquí
Xa estou de novo
entre vós!
Gustouvos a sorpresa que vos levei ás vosas aulas?
Non esquezades compartilas en familia e por suposto encher ese libriño en
branco co que vos agasallei, onde podedes deixar voar a imaxinación para convertervos en poetas, pintores ou …
Dende un buratiño ollei coa ilusión coa que os nen@s de 4ºA abriron as mochilas e leron as miñas propostas.
Dende un buratiño ollei coa ilusión coa que os nen@s de 4ºA abriron as mochilas e leron as miñas propostas.
Despois tamén vin como
esperaban os nenos de infantil a abrir as mochilas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)