A semana pasada deixáronnos
na clase una maleta invitándonos a facer un roteiro
dentro da biblioteca do noso barrio: o FORUM metropolitano.
Nela pedíannos que traballásemos
sobre algunhas mulleres coruñesas ilustres como María Casares, María Pita ,
Emilia Pardo Bazán e Juana de Vega.
Hoxe fomos andando dende o cole ata o Forum e así tamén puidemos aprender o nome dalgunhas
rúas do noso barrio.
Ao chegar estaban Marta e Iván que nos fixeron moitas preguntas pero
tamén algún xogo.
Na biblioteca había
catro prazas cos nomes das mulleres das que nós xa aprenderamos moitas cousas.
Eles fixéronos preguntas pero nos fixémolo moi ben porque soubemos responder a case todas.
O venres irán os nosos compañeiros de 3ºB. Farano tan ben?
Pois si que o fixeron moi ben.Eles tamén souberon responder as preguntas e ademais portáronse moi ben.